PR-G 144 RUTA NATURAL DOS CASTROS A NIVIEIRA

Sendeirismo
1593
No Camiño de Santiago

Localización

Rubiá - Ourense

Coordenadas:
42º 27' 10.7" N - 6º 57' 08.2" W
42º 27' 23.7" N - 6º 57' 03.8" W

Descrición

Esta ruta, practicamente circular, parte dende as proximidades do colexio público de Rubiá e ascende cara ao monte dos Chancelos co obxectivo de coroar o Alto de Cales e descender novamente cara a Rubiá.
A través dun antigo camiño de carros, vaise collendo altura mentres se goza dunhas espectaculares vistas das paisaxes do val de Valdeorras. Este percorrido caracterízase pola existencia de barrancos ou cavorcos, que responden a nomes como Paradela, Valdaoliva, Nacedeiro, ou dos Castros.
Tras alcanzar o punto máis alto da ruta iníciase un descenso a través dun bosque de ribeira, froito dos numerosos regatos que baixan dende as montañas cara a Rubiá e que cruzaremos a través de varios pasos de madeira ata alcanzar o final da ruta.
Dende este lugar, seguindo en dirección á canteira durante uns 650 metros, pódese retornar ao punto de saída.

Acceso

Na Comarca de Valdeorras dirixirse a Rubiá pola N-120 e a OU-622. Ao entrar na vila, buscar o panel que indica o inicio da ruta, nas proximidades do colexio.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Lonxitude

6,3 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Canteira - UTM:29T X:668505 Y:4702321
Punto de partida: Rúa Terra de Souto - UTM:29T X:668601 Y:4702727

Percorrido

Rubiá, Alto de Cales, Nivieira, Os Chancelos, Rubiá.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

2 horas e 15 minutos.

Servizos

Fóra da ruta, en Rubiá.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

190-II Rubiá.

Máis información

Concello de Rubiá
Tel.: 988 324 146
correo.rubia@eidolocal.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!