VIXÍA HERBEIRA

Áreas de recreo e miradoiros
2899

Localización

A Coruña

Cariño | Cedeira

Coordenadas:
43º 43' 24.5" N - 7º 56' 44.9" W

Descrición

En poucos lugares dáse a coincidencia de que o pico máis alto dunha serra forme parte dun sistema de cantís costeiros. Así sucede con Vixía de Herbeira, que cos seus 615 metros convértese no teito da serra da Capelada, conformando algúns dos cantís máis elevados da Europa continental.

Isto fai que dende este punto se poida gozar dunhas asombrosas vistas da costa norte galega, nun tramo litoral aberto ao Atlántico entre o cabo Ortegal e a enseada de Santo André de Teixido.

A forza do vento, o arrecendo do mar e a imaxe das potentes ondas batendo contra unha costa verde esmeralda son o argumento que ofrece este miradoiro, antigo punto de vixía da costa como mostra a vella construción de 1805, coñecida como Garita de Herbeira.
Arriba