CAPELA A VIRXE DO XURÉS

Relixioso
2007

Localización

Parroquia: Río Caldo (Santa María)

Lugar: Vilameá

32895  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 00.1" N - 8º 05' 33.5" W

Descrición

Unha antiga tradición local, transmitida de xeración en xeración, cóntanos como un bo día a Virxe apareceu milagrosamente nun altar tallado nunha rocha situada no exterior da Capela de A Virxe do Xurés. Un pequeno burato na pedra representa o nicho sagrado desde onde a Virxe ordenou a construcción dun templo, alá no alto, ós veciños de Riocaldo.
A fé nos milagres da Virxe e os indicios atopados, mobilizaron á xente deste lugar para construír unha ermida digna e un importante camiño de acceso, construíndo unha edificación con grandes doses de heroísmo polo difícil de chegar ó lugar elexido.
Esta capela, que é unha obra emblemática do comunitarismo tradicional do Xurés, conta cunha soa nave con cuberta de madeira. No interior do templo destaca la imaxe da Virxe co Neno. Na ermida ten lugar unha romaría popular, na que se traslada a imaxe de A Nosa Señora en procesión, subindo ó monte.

Acceso

Dende a estrada que conduce a Portela do Home desviarse á esquerda no cruce da capela de Santa Lucía. Continuar de fronte 200 m e xirar á esquerda. Subir durante 3 km.
Arriba
Axúdanos a mellorar!