CASA ENRIQUE ÁLVAREZ

Civil
282

Localización

Rúa Fernando Lago

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 38.9" N - 8º 03' 22.8" W

Descrición

Edificio tradicional mariñeiro, situado na zona vella de Cedeira. Presenta unha combinación de galerías no primeiro piso e arcos abertos na parte baixa, formando soportal co fin de albergar redes e lanchas. Nunha parede lateral conserva un pequeno escudo heráldico dunha familia nobre de Cedeira daquela época en concreto a de don Alonso de Piñeiro, construtor da casa e de gran relevancia na vila dada a presencia do seu sepulcro na igrexa parroquial.

Acceso

No núcleo urbano.
Arriba