PREGAMENTO XEOLÓXICO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS

Espazos naturais
2695
No Camiño de Santiago

Localización

Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 42.1" N - 7º 12' 59.6" W

Descrición

Este espazo ten un importante valor xeolóxico por tratarse dun elemento constituído por unha formación xeolóxica senlleira con interese científico que se conserva practicamente intacto desde o Carbonífero inferior.

Neste pregamento, grazas á erosión e ao encaixamento do río Ferreiriño, apréciase con total nitidez este proceso xeolóxico, deixando ao descuberto a súa estrutura interna nun gran corte transversal.

En virtude da desaparición da terra e a cuberta vexetal, na actualidade pódese observar dun xeito claro os fenómenos xeolóxicos que o formaron. En conxunto forma un espectáculo natural con poucos puntos de comparación no continente europeo.

Acceso

Pola N-120 ata Quiroga, e desde aquí pola LU-651 ata Campodola.

Situación

No concello de Quiroga (Lugo), no xeodestino da Ribeira Sacra.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Superficie

90 ha.
Arriba