MUSEO DE LA CONSTRUCCIÓN NAVAL (FUNDACIÓN EXPONAV)

Museos e coleccións
1320
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida dos Irmandiños. Edif. de Herrerías. s/n

15490  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 56.0" N - 8º 13' 50.9" W
+34 981 359 682
+34 981 336 017

Descrición

É un dos museos máis interesantes para coñecer e entender a cidade de Ferrol. Sito no Arsenal dos Diques no Edificio das Herrerías, permítelle ao visitante comprender a construción naval dende o século XVIII, momento dourado da cidade cando nesta antiga fábrica traballaban case 400 persoas. Os históricos vínculos de Ferrol coa Armada e o feito de que a primeira escola de enxeñeiros navais fose de aquí, fixeron posible a apertura deste museo, inaugurado no ano 2008 polos Reis de España.

O museo conta cunha colección formada por máis de 2700 pezas, entre as súas áreas de reserva e as dez salas que conforman o espazo expositivo pódense atopar desde maquetas ata ferramentas pasando por planos e pezas orixinais de diversos buques, destacando entre elas a xoia da exposición, o pecio da Fragata Santa María Magdalena. Con todo iso, faise un percorrido pola historia da construción naval desde o século XVIII ata a actualidade.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/museo-da-construci-n-naval

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!