CLUB NÁUTICO DE SADA

Instalacións náuticas
316
Bandeira azul
Galicia Calidade
Calidade Turística

Localización

Rúa: Avenida do Porto s/n

15160  Sada - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 35.2" N - 8º 14' 51.3" W
+34 981 619 018
+34 653 469 579
+34 650 387 932
+34 981 619 018

Navegación

Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
Vindo do N navegaremos á procura da luz do faro do cabo Prioriño Chico (DB 5s 36m 23M visible entre 225º e 129,5º) tendo pola popa e como referencia a do cabo Prior (GpD(1+2)B 15s107m 22M). Situados a unha milla ao S verdadeiro do cabo Prioriño Chico poremos rumbo ao 135º ata que deixemos de ver a luz do faro da Torre de Hércules (GpD(4)B 20s 106 m 23M), momento a partir do que continuaremos a navegar a ese rumbo á busca da luz verde (GpD(4)V 11s 15m 5M) do final do dique de abrigo e a vermella (GpD(4)R 11s 11m 3M) do contradique. Unha vez esteamos situados na bocana caeremos a babor cara ás instalacións de Marina Sada.
Aproximación de día: A extensa boca (3,2 M) da ría de Ares e Betanzos atópase entre a punta de Coitelada e a de Seixo Branco, orientada aos mares e ventos do cuarto cuadrante. Esta ría divídese en dous brazos: un cara ao E -ría de Ares- e outro cara ao S-SE -ría de Betanzos-, na beira W do cal atópanse as instalacións de Marina Sada.
O acceso, moi sinxelo, pódese realizar do xeito seguinte:
Vindo do N navegaremos ata situarnos a unha milla e media ao S verdadeiro do Cabo Prioriño Chico para pór rumbo ao 135º ata deixar de ver a Torre de Hércules, momento a partir do que tan só quedarán unhas 4 M de navegación caendo pouco a pouco cara a estribor para situarse fronte á bocana do porto. O porto de Sada é pesqueiro á vez que deportivo. As instalacións de Marina Sada encóntranse ao S do porto pesqueiro.

Características

Pórtico elevador (tn): 50
Nº de amarres transeuntes: 31
Nº de amarres fixos: 313
Máxima eslora recomendada (m): 16
Calado dársena (m): 2
Calado bocana (m): 4

Cartas náuticas

SHOM: 6665
I.H.M.: 4125,412A,412,929
Admiralty: 1111,1114

Servizos das instalacións

Academia de navegación
Alugamento de embarcacións
Aparcadoiro
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Club de vela
Combustible Diésel
Combustible Sen Chumbo
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Información meteorolóxica
Lavandería
Luz en amarre
Mecánico motor e electricista
Pagamento con tarxeta
Peirao de espera
Posibilidade de invernada
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recarga botellas de mergullo
Recollida de lixo
Servicio Marpol
Taxi
Tenda de efectos navais
Varadoiro pnas. embarcacións
Vixilancia
Xeo
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba