LAGOA DA SERPE

Espazos naturais
1164

Localización

A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 52.5" N - 6º 50' 37.8" W

Descrición

Lagoa natural de orixe glaciar, que se formou no periodo cuaternario. O feito de atoparnos con lagoas destas características nestas latitudes é bastante raro, non solo a nivel peninsular, senón a nivel europeo, xa que nos atopamos cun glaciarismo de casquete, no que, en lugar de haber un val glaciar cunha lingua de xeo, había un casquete no alto da montaña. Desde ese casquete, desparramábase o xeo en tódalas direccións, formando varias linguas. Foron as características preexistentes no terreo as que favoreceron a formación deste tipo de casquetes. O posterior transporte e sedimentación de materiais foron os creadores dunha paisaxe única da que se pode desfrutar durante todo o ascenso ata esta Lagoa, xa que se atopa situada no Macizo de Trevinca. Ademáis, os visitantes deberán achegarse para tratar de rompe-lo maleficio e libera-la princesa que dende fai miles de anos agarda por un valente mozo que lle devolva o seu aspecto real.
En canto a flora destaca a Xanzá (Genciana), cuxa raíz ten propiedades medicinais, e contén a sustancia amarga máis coñecida, a amarogencina. Tamén nos podemos atopar ca Drosera rotundifolia, un tipo de planta carnívora que se atopa en zonas de turbeira (zona donde se atopan depositos materiais dos glaciares), e que tamén ten propiedades medicinais recoñecidas.
En canto a fauna, destaca a rá patilonga ou rá ibérica, de pequeno tamaño e cor pardo e que se atopa ameazada debido a contaminación dos regatos nos que habita, a pérdida de vexetación debido a talas, lumes e outros, e a introducción de especies foráneas. Tamén se poden ver ejemplares de Aricia morronensis ribbe, un tipo de bolboreta endémica da peninsula Ibérica que se pode atopar en zonas de montaña.

Acceso

Núcleo de A Ponte.
Accesibilidade: A partir do núcleo de A Ponte existe unha pista forestal que nos aproximara a lagoa. (Non se permite o uso de vehículos privados sen unha previa autorización).

Cómo chegar: Dende a Oficina de Turismo de A Veiga, dirixímonos o núcleo de A Ponte (que dista 15 km de A Veiga), e accedemos pola pista forestal ata O Fial, e despois abandonase a pista forestal para tomar o sendeiro que nos leva directamente ata a Lagoa.
Natureza Espazos naturais Sitio natural de interese turístico
Arriba