LAGOA DE OCELO

Espazos naturais
2342

Localización

A Veiga - Ourense

Descrición

A orixe desta lagoa data de hai millóns de anos, cando, coa desaparición dos xeos que formaban o casquete polar, os circos e morrenas que quedaron deron lugar a este tipo de formacións.
No ascenso ata esta lagoa ademáis de apreciar a fermosura da propia Lagoa, os visitantes poderánse deleitar coas magnificas vistas que ofrece todo o percorrido que leva ata ela. Ademáis da flora, xa que é posible observar a Flor de San Xosé (Narcisssus Pseudonarcissus nobilis) , unha planta típica de bosque húmidos do norte de España.
En canto a fauna, é posible observar un tipo de somorgullo pequeño que escolle esta lagoa para anidar. Podemos atopar ademáis, os animais do Tecor de Montes de Xares, cervos, corzos, muflóns e gamos, entre outras especies autóctonas, coma o xabarín.
Seguindo a ruta das Lagoas, atopamos ademáis as Lagoas de Carrizais e a Lagoa Laceira.

Actividades: senderismo, observación de flora e fauna autóctona, deportes de montaña.

Acceso

Peonil ou en coche todoterreo.
Cómo chegar:    Dende a Oficina de Turismo de A Veiga, dirixímonos ao núcleo de Xares (a 12 qm), accedendo a través do Coto Montes de Xares e seguindo as indicacións da Ruta das Lagoas.
Natureza Espazos naturais Sitio natural de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!