MUSEO DO FERROCARRIL DE VILAGARCÍA DE AROUSA (MUFEVI)

Museos e coleccións
1054
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Carril (Santiago)

Avenida Rosalia de Castro 104

36600  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 32.7" N - 8º 46' 03.4" W

Descrición

O Museo do Ferrocarril de Vilagarcía foi a sede da antiga estación de Carril que acolleu a primeira liña férrea galega que unía Cornes (Santiago de Compostela) con Carril (Vilagarcía de Arousa).

Neste edificio histórico o visitante poderá descubrir o fantástico relato de como Compostela conseguiu ter porto de mar e como o tren cambiou Vilagarcía para sempre. A vía férrea marcada no chan, mostra o percorrido a seguir e somerxe ao visitante na historia a través de paneis, vídeos, proxeccións, documentos, obxectos e maquetas.

Así mesmo conta con audioguías, códigos QR e información en tres idiomas (castelán, galego e inglés).

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba