CAPELA DE SAN LÁZARO

Relixioso
264
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Verín (Santa María a Maior)

Lugar: Verín

32600  Verín - Ourense

Descrición

Pequena capela de planta rectangular situada no barrio de San Lázaro. A capela aparece documentada no século XVI como do padroado real e tiña anexo a ela un hospital que foi primeiro de peregrinos e logo de leprosos. Fronte a esta capela érguese o cruceiro da Piedade (século XVII) e do outro lado da estrada, facendo esquina, está a Casa do Escudo ou do Asistente (na actualidade albergue de peregrinos da Rede de Albergues da Xunta de Galicia).

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba