PICO DA FROUXEIRA

Áreas de recreo e miradoiros
2983

Localización

Parroquia: Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla)

27780  Foz - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 14.1" N - 7º 21' 21.6" W

Descrición

O Pico da Frouxeira é un lugar con arrecendo a historia. Monte de 427 metros de altitude, na súa cima erguíase o Castelo da Frouxeira do que hoxe quedan escasos restos e marcas nas rochas dos antigos muros entre os rochedos graníticos.

A fortaleza pertenceu ao Mariscal Pardo de Cela, mitificada e controvertida figura da nobreza galega medieval. Castelo inexpugnable ao ser unha plataforma rochosa, o emprazamento ten dominio visual das terras de Foz e do litoral cara ao nordés, de Alfoz e o Valadouro no sector oeste e do produtivo e verde val de San Martiño de Mondoñedo ao seu pé.

Accesibilidade

Pódese acceder en coche ata unha explanada onde poden deixar coche e logo subir a pé ata as ruínas do que foi o asentamento do Castelo do Mariscal Pedro Pardo de Cela na Frouxeira.
Arriba
Axúdanos a mellorar!