GARITA DA VELA

Áreas de recreo e miradoiros
1281

Localización

Parroquia: Espasante (San Xoán)

Lugar: O Porto de Espasante

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 43' 32.3" N - 7º 48' 36.0" W

Descrición

Edificio pétreo de estilo neoclásico, de mediados do século XVIII, presenta unha racional planta rectangular cuberta a dúas augas. O interior aínda conserva unha antiga lareira. Ante as incursións e accións de saqueo por parte dos ingleses e holandeses durante a idade moderna, un párroco de San Xoán de Espasante solicitou en 1703 a dotación de medios de defensa, que uns anos despois se concretaron na instalación dunha garita de vixilancia, dotada cun pequeno corpo militar. A casa áchase nunha situación estratéxica, dende onde se divisan a ría de Ortigueira e os núcleos de Cariño e Porto de Espasante.
A ruta de sendeirismo do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico pasa por este fermoso miradoiro, na parroquia de Espasante.
Arriba