MIRADOIRO DO PARAÑO

Áreas de recreo e miradoiros
1961

Localización

Parroquia: Valdoviño (Santalla)

15552  Valdoviño - A Coruña

Coordenadas:
43º 37' 39.5" N - 8º 08' 22.9" W

Descrición

Valdoviño pasa por ter algúns dos tramos máis espectaculares da costa galega, destacando o Espazo Natural da Lagoa e Areal da Frouxeira.

A praia da Frouxeira, cos seus máis de tres quilómetros de fina area e a lagoa da Frouxeira, espazo intermareal de gran valor ecolóxico, constitúen unha xoia ambiental e paisaxística que pode ser contemplada en toda a súa extensión dende a posición elevada que ofrece o miradoiro do Paraño.

As vistas alcanzan, cara ao suroeste, un amplo treito do borde litoral incluíndo a punta Frouxeira, coa característica silueta do moderno faro de Meirás; o monte Campelo coa súa forma singular e o alongado perfil do cabo Prior, asomando ao fondo. 
Arriba