ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE

Espazos naturais
1184

Localización

Coordenadas:
43º 21' 32.5" N - 8º 50' 17.0" W

Descrición

Espazo mariño que ocupa gran parte da plataforma continental fronte á Costa da Morte, no noroeste de Galicia. O interese do espazo radica na súa importancia como embude migratorio debido á súa privilexiada situación xeográfica e aos fortes ventos predominantes de compoñente N e NW. Estímase que máis dun millón de aves mariñas pasan por esta zona durante o verán-outono (migración postnupcial). A maior parte das aves en migración proveñen do norte de Europa e Siberia occidental, pero tamén hai especies mediterráneas furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), neárticas (gaivota de Sabine, Larus sabini) e do hemisferio Sur (pardela escura, Puffinus griseus). A elevada produtividade da zona convértea tamén nunha importante área de alimentación, tanto para as especies en migración como para as locais (reprodutoras e invernantes). Entre as reprodutoras locais destacan a gaivota tridáctila ou garrucho (Rissa tridactyla) e o arao (Uria aalge ibericus), que concentran as súas únicas colonias españolas nas costas enfrontadas ao espazo protexido. A zona conta tamén con colonias de paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis aristotelis). Existe, tamén, unha pequena colonia de pardela cincenta (Calonectris diomedea borealis) situada nas illas Sisargas, moi afectada pola depredación por gatos.

Superficie

3162,83 Km2
Natureza Espazos naturais Zona especial protección de aves (ZEPA)
Arriba
Axúdanos a mellorar!