ESPAZO MARIÑO DE PUNTA CANDIEIRA-RÍA DE ORTIGUEIRA-ESTACA DE BARES

Espazos naturais
308

Localización

Coordenadas:
43º 46' 38.9" N - 7º 51' 59.5" W

Descrición

Espazo mariño de grande importancia como corredor migratorio por onde, cada ano, pasan máis dun millón de aves durante a migración postnupcial. O fluxo máis importante concéntrase entre os meses de agosto e novembro. A súa situación, no extremo noroccidental da Península, convértea nunha zona de migración relevante para un total de 15 especies de aves mariñas. A illa de Coelleira alberga unha pequena colonia de pardela cincenta (Calonectris diomedea borealis) recentemente descuberta. Nidifica no contorno do espazo o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis aristotelis).

Superficie

771,52 Km2
Natureza Espazos naturais Zona especial protección de aves (ZEPA)
Arriba