ÁREA DE AS PONTES

Áreas de Autocaravanas
2175

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: As Pontes de García Rodríguez

Rúa: Juan Antonio Suances s/n

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 03.5" N - 7º 51' 16.4" W

Descrición

Área municipal, no centro de As pontes e situada no Parque Canle IV ou "Vila de Lesneven". Preto da área, hai unha zona verde para o recreo de todos os visitantes, con parque infantil.
Os servizos de hostalaría e compras están moi preto.
Ás Pontes é punto de partida óptimo para a visita ao Parque Naturalas das Fragas do Eume.

Acceso

Ata As Pontes chégase pola AG-64. Dende Ferrol, tomar a Saída 33. Seguir cara Ás pontes e na rotonda tomar a circunvalación (AC-105) ata a saída norte. Saír cara á zona urbana pola Rua Rego do Campo. Despois duns 600 m. na rotonda dobre xunto a unha cheminea, deixar ambas as dúas rotondas á esquerda e cando se empeza a subir, tomar a primeira rúa á esquerda.

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
Arriba
Axúdanos a mellorar!