OS MIGUELIÑOS

Turismo rural - Grupo-B (Casa de Aldea)
1144
No Camiño de Santiago
Periodos de funcionamento: 01/01 - 31/12

Localización

Parroquia: Catoira (San Miguel)

Lugar: Barral 12

36612  Catoira - Pontevedra

Coordenadas:
42º 39' 57.9" N - 8º 43' 12.3" W
+34 986 546 132
+34 690 669 669
+34 986 546 132

Descrición

Os Migueliños é unha Casa de Labranza, está situada no concello de Catoira, famosa polas súas Torres Viquingas, cuxa festa está declarada de interese turístico internacional. A Súa situación é excelente para en poucos quilometros percorrer tanto as Rías Baixas como as Rías Altas. Os Migueliños é unha casa rural cunha antigüidade de 300 anos, propiedade familiar, que foi pasando de xeración en xeración, ata os nosos días. Foi restaurada no ano 2003, conservando o mobiliario antigo, e a decoración personalizada. Consta de cinco cuartos dobre con baño, tv, calefacción, secador, hidromasaxe, e conexión wifi. Ademais de salón con lareira, comedor, e cociña totalmente equipada. A casa consta de horta con froiteiras, viñedo, kiwis...e un amplo xardín con grellada, hórreo e cruceiro típico galego.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Tipos de servizos

Aparcadoiro
Berces
Bicicletas (consultar)
Camas supletorias
Comedor
Dereito a cociña
Grella
Internet - Wi-Fi
Lavadora dispoñible- Lavandaría
Prohibido fumar
Salón
Tarxetas de crédito (consultar)
Televisor nos cuartos
Xardín / Horta

Réximes

Almorzo

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Cuartos uso dobre510
Arriba
Axúdanos a mellorar!