Fefiñáns. Nomea a praza que desafía en beleza, coas súas dúas entradas en arcoe dimensións empedradas, ao mesmo Obradoiro. Flanqueada pola Igrexa de San Benito co seu eterno gardián esculpido sobre a escalinata e unha zona de sombra arborada. E sobre todo, o Pazo de Figueroa, chamado tamén de Fefiñáns, verdadeiro palacio de pompa barroca e orixinais balcóns esquinados na torre que alberga unha adega de viño. No tempo da vendima a praza tamén presenza a pagá peregrinaxe dos colleiteiros da uva albariña que lle dá sona internacional á Denominación de Orixe Rías Baixas. Cara ao interior, nun primeiro outeiro ao abeiro dun perdido castro, sitúanse as ruínas da da igrexa oxival de Santa Mariña Dozo. O recinto, convertido nun camposanto baixo os arcos sen teito, a ceo aberto, ten moito de escenario decimonónico e misterioso. Monte arriba atoparemos o miradoiro e a "/>

VILA DE CAMBADOS

Conxunto histórico artístico
587
No Camiño de Santiago

Localización

36630  Cambados - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 48.6" N - 8º 48' 47.0" W

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Principais monumentos

Nome: Ruinas de Santa Mariña Dozo - Datación: s. XV
Nome: Praza e Pazo de Fefiñáns - Datación: s. XVII
Nome: Pazo de Ulloa - Datación: s. XVI, ampliado no s. XVIII
Nome: Pazo de Torrado - Datación: s. XVIII
Nome: Pazo de Montesacro - Datación: s. XVIII
Nome: Pazo de Molto - Datación: s. XVI
Nome: Pazo de Bazán
Datación: s. XVII
Estilo: Orixe medieval
Nome: Paseo da Calzada
Datación: .
Estilo: Oxival
Nome: Torre de San Sadurniño - Datación: .
Nome: Igrexa de San Benito
Datación: s. XV, XVIII
Estilo: Barroco
Nome: Capela da Pastora
Datación: s. XVII
Estilo: Románica, reforma barroca

Máis información

Axeitado

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba