PAZO DE LANZÓS

Civil
822
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Lanzós

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 51.0" N - 8º 12' 42.9" W

Descrición

Pazo construído entre 1620 e 1625. Os elementos máis destacados da fachada céntranse nun balcón, que se alonga cara ao exterior suxeito por tres canzorros, e unha porta principal rectilínea, que remata nun frontón partido polo brasón do primeiro conde de Maceda. O edificio conserva a súa estrutura inicial, aínda que con lixeiras modificacións. Destaca do edificio a súa Torre, de alto interese histórico pola súa relación coas revoltas Irmandiñas. Foi reedificada no século XVII e reformas posteriores (s. XVIII) levaron a substituír as ameas por tellado, taponar seteiras e abrir novos vans, ademais de revestir de cemento a cachotaría.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade a pie, en coche ou autobús.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!