CAPELA DE SANTO ANTONIO

Relixioso
1244
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Corcubión (San Marcos)

Lugar: Corcubión

Rúa: Santo Antonio

15130  Corcubión - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 50.0" N - 9º 11' 38.9" W

Descrición

Pequeno templo erixido por Domingo Durán en 1684. Ten unha nave de planta rectangular cunha capela maior que ocupa a súa totalidade, e cuberta de madeira a dúas augas con tellado de tella. Foi reconstruída en 1997. No interior só se conserva do primitivo retablo unha imaxe de santo Antonio. Destaca no recinto un cruceiro do século XVIII.

Acceso

No mesmo núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!