A CORTINA

Civil
2408
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Castro

15401  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 33.9" N - 8º 14' 33.0" W

Descrición

Obra dirixida por Francisco Llobet entre 1754 e 1767 con máis de 700 metros de murallas escarpadas de cantería de granito. Destaca a súa potente zona de baterías con interesantes pezas de cantería, adarve e troneiras artilladas con canóns do século XVIII e XIX. A devandita construción cubría todo o sector noroeste- sueste de calquera ataque por mar da artillería naval, dando fronte á mesma boca da Ría de Ferrol.

Acceso

No Arsenal.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!