MERCADO DE ABASTOS

Civil
256

Localización

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: Muros

Praza del Mercado

15250  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 34.8" N - 9º 03' 33.0" W

Descrición

Edificio de planta rectangular de catro alturas. O acceso á planta baixa e superior realízase pola fachada principal a través dunha escaleira exterior de dobre tramo con balaustrada de cantería moldurada e coroada por bólas. Ten tamén unha entrada máis sinxela na fachada posterior. Cuberta a dúas augas con tella curva, sufriu unha reforma coa colocación dun lucernario para mellorar a luminosidade do interior. Dende o punto de vista ornamental destaca, na liña de cornixa, un escudo sobre un friso ovalado.

Acceso

No mesmo núcleo.
Arriba