SANTA CLARA

Relixioso
2316
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Santa Clara s/n

27400  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 24.0" N - 7º 30' 57.9" W

Descrición

Foi fundado no século XVII pola VII condesa de Lemos dona Catalina de la Cerda e Sandoval viúva do VII conde de Lemos Pedro Fernández de Castro. No convento destaca o seu magnífico Museo de Arte Sacra. Polo que respecta á igrexa actual, edificada no século XX, é de liñas neogóticas. O retablo da capela maior é obra do tallista compostelán Landeira e presenta as imaxes de Santa Clara, San Francisco, a Inmaculada Concepción e o Salvador. O templo conta con outros tres retablos coas imaxes de S. Nicolás de Bari, Santo Antonio e Santa Lucía nun  S. Roque, O Sagrado Corazón e S. Xosé noutro e a Virxe do Carme, San Pascual Bailón e Santa Teresiña do Neno Xesús noutro. Na igrexa tamén se atopan varios cadros, lápidas relativas a enterramentos de condes e condesas de Lemos e lápida alusiva ao enterramento do capelán do convento no século XVII o beato Frei José de Carabantes.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Gótico

Orden Relixiosa

Clarisas
Arriba
Axúdanos a mellorar!