PONTE NOVA

Civil
439
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Marín - Rúa Curros Enríquez

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 50.8" N - 7º 51' 49.6" W

Descrición

É a segunda ponte na cronoloxía ourensá: a súa inauguración, a comezos do século XX, trouxo consigo o título de «vella» para a Ponte Maior, até entón a única sobre o Miño. Baixo o deseño do enxeñeiro Martín Díaz de la Banda, termináronse as obras e foi inaugurada en 1918 coa fin de facilitar e mellorar a comunicación das dúas beiras. Consta de seis arcos de perpiaño e un tramo metálico de arco parabólico con 74 metros de luz. Nos extremos, a disposición, de esquerda a dereita, é de tres arcos de medio punto de 12 metros de luz, seguido dun de tipo abatido de 25 metros de luz. Unha vez salvado o río de novo dous arcos, o primeiro abatido e o segundo de medio punto de idéntico tamaño aos primeiros. Atópase situada augas arriba da Ponte Vella, a 450 metros de distancia.

Acceso

Núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba