IGREXA DE SANTA MARGARIDA

Relixioso
1082
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Val (Santa María a Maior)

Lugar: Santa Margarida

15541  Narón - A Coruña

Coordenadas:
43º 32' 56.0" N - 8º 11' 57.9" W

Descrición

A Capela púxose en pé , ao abeiro dos Andrade, no s.XV, sendo una das máis antigas do Concello.Atópase situada nunha contorna rural, é de planta rectangular e no interior a nave principal posúe una bóveda rebaixada. Presbiterio cuberto por una bóveda de cruzaría e delimitado por un arco triunfal con características oxivais apoiado sobre columnas rematadas en capiteis con decoración moi sinxela. A fachada principal é de estilo gótico-renacentista, cun arco conopial no que aperece en relevo un xabarín (escudo de armas dos Andrade, señores feudais). Moi preto deste edificio pódese visitar o cruceiro e a fonte de Santa Margarida, cos canos de Santa Margarida e Santa Lucía.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba