FUNDACIÓN BARRIÉ

Museos e coleccións
1196
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Cantón Grande 9

15003  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 04.9" N - 8º 24' 12.7" W

Descrición

A fundación alberga dúas exposicións permanentes: as obras do artista galego Francisco Llorens e unha selección da súa colección de arte contemporánea internacional que conta con medio centenar de obras de artistas consolidados como Imi Knoebel, Günther Förg, Jason Martin ou Jean-Marc Bustamante, entre outros. Ademais destes contidos, celebra dúas exposicións temporais ao longo do ano, dedicadas á pintura, fotografía, deseño, arquitectura ou arqueoloxía. Desde o 7 de outubro de 2023 ata o 7 de xaneiro de 2024 a fundación presentará, en primicia para Europa, a exposición “Walk This Way: A colección privada de calzado histórico de Stuart Weitzman”, organizada por The New York Historical Society.

A Fundación Barrié foi promotora da restauración do Pórtico da Gloria e, tras a finalización do proxecto, creou unha app gratuíta na que o usuario pode explorar o Pórtico da Gloria en gigapixel xunto a narrativas que detallan o proceso de restauración, así como fitos da súa historia. A app tamén inclúe os sons e recreacións virtuais dos instrumentos do Pórtico da Gloria e información sobre o coro do Mestre Mateo, reconstruído grazas ao mecenado da Fundación Barrié. A app “Pórtico da Gloria SC” está dispoñible en castelán, galego e inglés, é gratuíta e dispoñible para Android e iOs. 

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 01/02/2008
Arriba
Axúdanos a mellorar!