CAPELA DA VIRXE PEREGRINA

Relixioso
1476
No Camiño de Santiago

Localización

Praza da Peregrina s/n

36002  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 50.9" N - 8º 38' 36.9" W

Descrición

Construída a partir de 1778 segundo trazas de Antonio de Souto con colaboración de Bernardo José de Mier. Combina fórmulas típicas do último barroco con suxestións xa neoclásicas. A súa planta está inspirada nunha vieira, símbolo por antonomasia dos peregrinos, dentro da cal se inscribe unha cruz. O retablo maior, neoclásico, foi trazado en 1789 por Melchor de Prado, con variacións levadas a cabo polo seu irmán Manuel e Juan Pernas Gambino. Moi curioso é a pía de auga bendita, nada menos que unha cuncha de molusco traída do Pacífico por Méndez Núñez. A fachada principal, obra de Antón Souto, vai precedida dun sinxelo adro con escaleira, perimetrado por balaustrada con pináculos. A portada acolle no alto a imaxe de A Peregrina (s. XIX), patroa da provincia de Pontevedra, nunha fornela. Destacar a fonte de pedra situada ao pé das escaleiras da portada principal.

Acceso

Núcleo urbano

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Horarios

Horario misas:

De luns a sábado ás 19:30 horas.

Domingos ás 13:00 horas.

Arriba