IGREXA DE SAN BARTOLOMÉ

Relixioso
3873
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Padre Sarmiento s/n

36002  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 59.0" N - 8º 38' 33.0" W

Descrición

Construída entre 1696 e 1714, polos xesuitas seguindo trazas realizadas en Roma. Foi a igrexa do colexio que os xesuitas posuíron na cidade entre 1650 e 1767, ano da súa expulsión de España. A súa fachada está decorada con columnas, repisas e ventás, e símbolos heráldicos dos Andrade, Aranda e Guimarei. Posúe un bo claustro e as súas dependencias están ocupadas en parte por salas do museo. Posúe interesantes retablos onde se dan cita pezas de gran calidade atribuídas a Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo, Bieito Silveira e Gambino, entre outros da escola compostelana e castelá. O edificio contiguo, chamado de Sarmiento, era a sede do Colexio ata a expulsión dos xesuitas.
Nesta igrexa atopamos a patroa de Pontevedra, A Virxe da O.

Acceso

Núcleo urbano

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!