GR 53 PANORÁMICO DE VIGO

Sendeirismo
3856
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Gondomar | Mos | Redondela | Vigo

Coordenadas:
42º 14' 54.9" N - 8º 40' 34.4" W
42º 10' 02.9" N - 8º 48' 17.8" W

Descrición

Este itinerario bordea os límites do municipio vigués pola súa vertente montañosa, ofrecendo vistas sorprendentes sobre a cidade e a súa ría.
É un percorrido deseñado para achegar a xente desta grande urbe ao medio natural que se estende a poucos metros das súas casas. Localizáronse unha serie de parques forestais en parroquias do Concello de Vigo que, provistos de todo o necesario para o esparexemento e o descanso, determinan o masivo éxito deste sendeiro durante a fin de semana.
Pero tamén hai lugar para a Historia: os petróglifos de Fragoselo, os dolmens da zona do Mercantil e os restos da antiga muralla defensiva do monte O Galiñeiro.
Arquitectura rural en Chandebrito e Fraga, o fermoso emprazamento do muíño das Maquías no río Zamáns, bosques autóctonos e todo este contorno natural lonxe do ruído da cidade, convérteno nun sendeiro moi atractivo e transitado.

Acceso

En bus urbano chégase a Saiáns, A Garrida, Universidade, Rebullón, aeroporto e A Madroa. En Saiáns parte da igrexa de San Xurxo. Na Madroa parte fronte ao antigo zoolóxico.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Lonxitude

O sendeiro principal ten 39,9 km e as variantes GR 53.1 e 53.2 esténdese por 8,1 e 10,2 km de lonxitude respectivamente.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Madroa (Vigo).
Punto de partida: Saiáns (Vigo)

Percorrido

Saiáns, A Garrida, Puxeiros e A Madroa.

Dificultade

Media

Duración

É un percorrido moi longo, polo que se recomenda executalo en varias xornadas. Conta con numerosas subidas e baixadas pero de trazado bastante suave.

Material

Se a intención é facer todo o sendeiro nunha fin de semana, será necesario levar suficiente equipo. A auga é bastante frecuente ó longo do percorrido.

Servizos

Aprovisionamento nos núcleos de poboación que circundan Vigo.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 223-II Redondela, 223-III Vigo, 223-IV Mos, 261-I Baiona, 261-II O Porriño.

Máis información

Federación Galega de Montañismo

Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
e-mail: sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Gran percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!