PR-G 1 GALIÑEIRO

Sendeirismo
4591
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Gondomar | Vigo

Coordenadas:
42º 09' 11.8" N - 8º 43' 21.4" W

Descrición

Entre as parroquias de Zamáns e Vincios e a 13 km de Vigo, O Galiñeiro, ergue a súa figura rochosa con 709 m como altura máxima da serra que leva o seu nome, dominando os vales circundantes e ofrecendo unhas vistas espléndidas.

O sendeiro comeza no lugar da Pasaxe, onde existe un cartel anunciador. Durante o percorrido encontraremos bosques mixtos e zonas de descanso con fontes de auga fresca. nas paredes graníticas do Galiñeiro existe unha zona de escola de escalada con multitude de vías de diferente dificultade para a práctica deste deporte. Na parte alta, xa cerca do cume, existen restos posiblemente pertencentes a un muro defensivo dun castro galaico-romano. Desde o pico domínase un extenso panorama do sur da provincia de Pontevedra.

Acceso

Pola estrada de Vigo a Gondomar e na encrucillada coa estrada que vén do Porriño, deterse na Pasaxe.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Lonxitude

A ruta principal ten 8,2 km e a derivación 0,4 de ida e volta.

Punto de partida/chegada

A Pasaxe - UTM: 29T X:523080 Y:4667100

Percorrido

A Pasaxe, Galiñeiro, presa de Zamáns e A Pasaxe.

Dificultade

Media

Duración

3 horas.

Material

É fácil conseguir auga nas numerosas fontes do percorrido.

Servizos

Refuxio Miguel Regueira de Club Montañeiros Celtas. Bares ao comezo e final do percorrido.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 261-I Baiona

Máis información

Club Montañeiros Celtas

Tel.: 986 438 505
e-mail: info@celtas.net
www.celtas.net

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!