PR-G 8 MORGALLÓN-RÍO SOR-MORGALLÓN

Sendeirismo
1466

Localización

Lugo

O Vicedo

A Coruña

Mañón

Coordenadas:
43º 42' 13.6" N - 7º 41' 41.0" W

Descrición

Este sendeiro destaca pola beleza das ribeiras do río Sor. Iníciase despois de pasar o núcleo do Morgallón, no cruzamento dunha grande explanada. Segue por unha estrada local ata a ponte que cruza o río en Monte de Insua de Baixo. Desde aquí diríxese, dirección río arriba, a Ponte Ulló.

Unha central eléctrica xa abandonada, unha antiga cadeira de ferro que grazas a unha polea permitía atravesar o río e un fermoso muíño son algúns dos elementos que acompañan a ruta.

A presa de Ponte Ulló constitúe unha importante reserva piscícola. Despois de cruzar o istmo que separa os dous tramos do río, cóllese a pista de regreso que acompaña o curso do auga encaixada entre verticais ladeiras. Ao chegar outra vez a Monte de Insua e despois de cruzar a ponte, un sendeiro pola marxe dereita do río conduce ata outra "telecadeira".

Acceso

Do Vicedo a Negradas, despois bordear a illa de S. Martiño e o esteiro do río Sor para seguir cara ao Morgallón (dirección Casa Lamelas-Turismo Rural).

Lonxitude

9,3 km.

Punto de partida/chegada

O Morgallón - UTM: 29T X:605290 Y: 4840020

Percorrido

O Morgallón, río Sor e O Morgallón.

Dificultade

Baixa

Duración

3 horas.

Servizos

Aloxamento de turismo rural no Morgallón. Aprovisionamento no Vicedo.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 2-III Ortigueira.

Máis información

Casa da Cultura do Vicedo

Tel.: 982 590 195
 concello@concellodovicedo.org
www.concellodovicedo.org

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 37 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 130 m.
Desnivel acumulado baixando: 260 m.
Desnivel acumulado subindo: 256 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!