PR-G 35 O RÍO DOS DOUS NOMES

Sendeirismo
691

Localización

Coirós - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 13.7" N - 8º 06' 36.3" W

Descrición

Esta é sen lugar a dúbidas unha ruta de auga e muíños, unha simbiose entre unha paraxe case salvaxe e a man do home que interveu sabiamente na natureza para mellorala.

Nada máis comezar pódese gozar de catro muíños, parte dun conxunto etnográfico de sete destas estruturas típicas do rural galego. á altura do cuarto muíño, unha enorme rocha sinala un camiño de terra que conduce ata unha nova construción de maiores dimensións. O río e a vexetación harmonizan con gran beleza onde se levanta o sétimo muíño.

A ruta permite contemplar os tramos máis fermosos do río Vexo. Un pouco antes da minicentral, un ramal comunica en poucos minutos cunha ferrería. Despois de cruzar a ponte que une ambas as ribeiras, seguindo por unha paraxe moi fermosa, ascéndese ata o encoro que alimenta a minicentral. Chegando ao noveno muíño do percorrido un pequeno bosque autóctono constitúe o tramo máis interesante do sendeiro.

Acceso

No termo municipal de Coirós. O lugar da Ponte Xora, á beira do río Vexo, está na estrada local que se desvía da N-VI na parroquia de Sta. María de Oís e diríxese a Ponte Aranga.

Un plus

O muíño tamén chamado muín ou acea, xoga un papel significativo na economía tradicional galega. En Galicia están representadas case todas as tipoloxías arquitectónicas, atendendo á súa forza motriz (de auga, de mareas, de vento, etc.), á súa finalidade (de aceite, de casca -cortiza de carballo-, de papel ou eléctricos) ou á súa localización. Era un importante lugar de relación entre veciños, referente de numerosas cantigas e orixe do baile folclórico máis coñecido desta terra: “a muiñeira”.

Lonxitude

2,9 km a rota principal e 0,6 km as derivacións de ida e volta.

Punto de partida/chegada

A Ponte Xora - UTM:29T X:572370 Y:4787750

Percorrido

A Ponte Xora, fábrica (minicentral) e A Ponte Xora.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora.

Servizos

En Coirós de Arriba.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 46-III Oza dos Ríos

Máis información

Asociación de Exploradores das Mariñas Grupo Scout "Castro de Untia"
Camiño da Estación, 13. 15300 Betanzos
Tel.: 606 284 184
Servicio Municipal de Xuventude do Concello de Coirós
Coirós de Arriba, 16. 15316 Coirós
Tel.: 981 796 414 / Fax: 981 796 256
e-mail: oixcoiros@es.inter.net

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 168 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 275 m.
Desnivel acumulado baixando: 162 m.
Desnivel acumulado subindo: 163 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese paisaxístico
Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba