Trabada - Lugo
Na área recreativa existe un panel informativo sobre a rede de sendeiros.
No inicio a ruta apenas ofrece dificultade, pero a medida que se interna no bosque de piñeiros vólvese máis empinada, ata chegar ao Alto do Picato (743 m) desde onde se pode gozar dunha fermosa vista.
A senda zigzaguea e descende para abandonar o bosque e gozar das paisaxes de Santiago de Vilapena e a súa fraga. O regreso faise por un trazado practicamente chan ata alcanzar punto de partida.
Mosteiro de Lourenzá
Un bo complemento á rota é desprazarse ata Vilanova de Lourenzá e admirar o seu antigo mosteiro de S. Salvador coa igrexa parroquial de Santa María de Valdeflores. Construído en 1732 ten unha torre inacabada por problemas presupostarios durante a época da súa construción. De estilo barroco, é obra de Casas Novoa, arquitecto máis coñecido pola fachada do Obradoiro da catedral de Santiago.
2 horas e 10 minutos.
Concello de Trabada
Tel.: 982 135 011
concello@trabada.es
www.trabada.es
Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com
Sendeiros