PR-G 86 SENDEIRO VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA

Sendeirismo
1994

Localización

Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 24' 35.1" N - 7º 37' 55.2" W
42º 27' 35.9" N - 7º 37' 02.8" W

Descrición

Encontrámonos na Ribeira Sacra, un destino natural e cultural de primeira orde.

Iníciase no torreiro do campo da festa de Rosende e bordea o muro do Pazo Casa Grande de turismo rural.

En Albarán segue un camiño de servizo para os viñedos que conduce cara ao val do río Cabe. O camiño serpea entre as vides de uva mencía coa que se elabora o afamado viño da D.O. Ribeira Sacra, caldo xa apreciado en época romana.

Unha pequena derivación conduce ata Areas con construcións moi simples onde algunha hipótese apunta a primitivos moradores anacoretas que buscaron neste recuncho o sosego en contacto coa natureza.

En Portizó e Hortás pódese contemplar boas mostras de arquitectura tradicional. De novo outra pequena derivación conduce ata a casa de turismo rural "Reitoral de Anllo" onde o camiñante pode facer un alto no camiño e refrescarse. Bosques e viñedos ofrecen fermosas panorámicas sobre os vales do Cabe e o Sil. Pasando a ponte do regato de Camilo, encontramos a estrada que baixa ao embarcadoiro dos catamaráns. Un fermoso recuncho onde pasar un rato gozando dunha gran paisaxe.

Acceso

Na N-120 de Ourense a Monforte de Lemos, desviarse despois de pasar O Castro de Ferreira polaCP-59-02 ata San Miguel de Rosende; ou, pasado Rosende, seguir pola mesma estrada ata Os Chancís, á beira do río Sil no encoro de Santo Estevo.

Un plus

Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é un amplo territorio na confluencia dos canóns dos ríos Sil e Miño que atesoura unha das maiores concentracións de igrexas románicas, cenobios e mosteiros de toda Europa. Orografía e monumentalidade converteron a “Ribeira Sagrada” nun novo destino turístico dentro de Galicia.

Lonxitude

Deles, 11,5 km na rota principal e 1,8 km nas derivacións de ida e volta.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Os Chancís - UTM:29T X:612680 Y:4696390
Punto de partida: San Miguel de Rosende - UTM:29T X:613785 Y:4701990

Percorrido

San Miguel de Rosende, Albarán, Areas, Portizó, Rectoral de Anllo, Castinandi e Os Chancís.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

4 horas e 15 minutos.

Material

Calzado deportivo cómodo, mochila, cantimplora e comida.

Servizos

En San Miguel de Rosende.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 188-II Sober; 188-IV Parada de Sil

Máis información

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!