ANTIGO PALACIO DOS FONSECA

Civil
377
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Tras Salomé 3

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 42.0" N - 8º 32' 34.9" W

Descrición

Palacio renacentista do segundo terzo do s. XVI, atribuído a Rodrigo Gil de Hontañón ou á súa escola. Do orixinal só conserva o primeiro corpo formado por catro arcos sobre columnas de sinxelos capiteis con medallóns nas pendentes.

Situado detrás da igrexa de Santa María Salomé, o edificio actual presenta un muro de enorme valor artístico que, quizais sexa o único que queda do antigo Pazo renacentista dos Fonseca. A decoración céntrase en cinco medallóns situados nas pendentes das arcadas que segundo Antonio Aguayo representan iconograficamente o escudo de armas da familia Fonseca, sostido por tritóns, e composto por cinco estrelas. O segundo medallón parece que alude a Pierres, o príncipe húngaro que dá orixe á casa de Fonseca. O terceiro crese que representa a Lucrecia. O cuarto fai referencia a imaxes mitolóxicas como a figura de Paris, e finalmente volve a representarse o escudo de armas dos Fonseca

Acceso

Na mesma cidade de Santiago.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata
Arriba