SAN FRANCISCO

Relixioso
5673
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Campiño de San Francisco 3

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 59.9" N - 8º 32' 42.9" W
+34 981 581 600
+34 981 571 916

Descrición

Casa Provincial e de Formación da orde dos franciscanos. Fundado polo propio San Francisco en 1214 durante a súa visita á cidade. Desa primeira construción só se conservan cinco arcos oxivais no claustro principal. Ginés Martínez realiza o novo claustro en 1607, organizado en dúas plantas, a primeira con pilastras toscanas que sosteñen arcos de medio punto; a segunda con pilastras máis estreitas e as ventás con arcos de medio punto. A igrexa, construída en cantería de granito o ano 1742 por Simón Rodríguez, ten unha planta rectangular na que se inscribe unha cruz latina cunha nave con capelas laterais e tribuna que se abre á nave central. Cuberta de bóveda de canón con cúpula de media laranxa sobre pechinas que ao exterior presenta un corpo octogonal que se cobre con tellado da mesma xeometría. A fachada, de excepcional tamaño, mantén o estilo barroco na súa parte baixa e é totalmente neoclásica na súa zona superior. A rúa central do corpo inferior ten unha fornela coa imaxe de S. Francisco, obra de Ferreiro. As columnas toscanas e retropilastras que encadran a fornela levan entre o capitel e o cornixamento un pequeno cilindro. A fachada coróase cunha torre-campanario en cada extremo. Declarado Monumento Histórico-Artístico en 1986.

Acceso

Núcleo urbano. Casco histórico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Estilos

Neoclásico
Barroco

Orden Relixiosa

Franciscanos
Arriba
Axúdanos a mellorar!