COLEXIATA DE SANTA MARÍA DO CAMPO

Relixioso
3199
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Damas 24

15001  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 15.5" N - 8º 23' 33.7" W

Descrición

A cronoloxía para o primeiro edificio é de 1150, ampliacións nos s. XIII-XV e XIX. Do edificio primixenio (1150) só se conserva a capela maior, lixeiramente xirada con respecto ás posteriores ampliacións (s. XIII-XV e XIX). Planta basilical, con tres naves separadas por catro piares cadrados con semicolumnas na súa fronte. A central do s. XIV e laterais do s. XIX. Cada nave cunha ábsida, rectangular en laterais e semicircular en central. Alzado con tres bóvedas, a central lixeiramente apuntada. Descansan sobre arcos faixóns e arcos de medio punto peraltados. Naves laterais comunicadas coa central por arcos formeros de medio punto. Os capiteis das columnas interiores historiados (a Adoración dos Reis Magos, escena de caza). Ábsidas cubertas por semicúpula na central, e bóveda estrelada na Capela da Estrela. Fachada con tres portadas. A principal (1250) con arco de medio punto con arquivoltas sobre columnas acodilladas e capiteis vexetais. Nas xambas unha Anunciación, hoxe no interior da igrexa. O resto da fachada do século XIX. No tímpano a Epifanía. Na portada norte martirio de Santa Catalina de Alejandría. Na sur unha escena monástica.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!