IGREXA CASTRENSE DE SAN ANDRÉS

Relixioso
1802
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Pórtico de San Andrés 1

15003  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 15.4" N - 8º 24' 07.1" W

Descrición

Entre 1881 e 1884, Eusebio da Garda constrúe a actual igrexa que se pode considerar neorrománica. Edificio de perfecta cantería, dunha soa nave dividida en cinco tramos, con nártice aos pés e unha ábsida semicircular. A cuberta con bóveda de crucería para a nave e terceletes na ábsida. Descansan no interior sobre columnas encaixadas con decoración vexetal, e polo exterior sobre contrafortes. A iluminación realízase por medio de ventás verticais con arcos de medio punto. A fachada divídese en dous corpos: o inferior cunha portada abucinada e porta cun arco de medio punto e arquivoltas decoradas con motivos xeométricos, xunto cun tímpano de arcos cegos. A superior divídese en tres panos con ventás con arcos de medio punto, rosetones decorados con motivos xeométricos e vexetais. Remátase cunha torre que remata nun chapitel de forma piramidal. Os contrafortes da portada rematan en torres macizas con arcos cegos e florones.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!