CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN

Museos e coleccións
1767
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Tabernas 11, 1º

15001  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 10.1" N - 8º 23' 39.8" W

Descrición

A que foi vivenda familiar da escritora Emilia Pardo Bazán, un edificio do s. XVIII, comprada polos seus proxenitores cando Emilia tiña 4 anos, alberga hoxe en día a sede da Real Academia Galega e este museo, que ocupa o piso principal, grazas á doazón das súas últimas descendentes. É importante sinalar que a meirande parte das pezas expostas (mobles, cristalerías, tapices, cadros, pequenos obxectos e mostras da súa biblioteca e arquivo) pertenceron realmente á autora da novela "Los Pazos de Ulloa", polo que se procura que as salas históricas amosen o ambiente dos salóns da época. En xeral o museo recrea os territorios sociais e o universo íntimo da escritora no seu gabinete de traballo, seguramente a primeira "habitación propia" dunha escritora profesional en España. Asimesmo, tamén se analiza á persoaxe a partir das opinións dos que a coñeceron, con respecto a temas que converteu na súa "cuestión palpitante": Feminismo, periodismo, Marineda, crítica literaria...

O museo está pechado por obras de rehabilitación. Consulte a páxina www.casamuseoemiliapardobazan.gal

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/casa-pardo-bazan

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Tenda
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!