PUNTA RONCUDO

Civil
6279

Localización

Ponteceso - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 29.5" N - 8º 59' 26.5" W

Descrición

A pouca distancia do núcleo de poboación encóntrase o Cabo do Roncudo. Debe o seu nome ao rouco son producido polas ondas ao se estrelaren contra as rochas. O paso fronte a este promontorio é unha manobra arriscada, a pesar da presenza do faro que guía ás embarcacións na súa singradura por estas augas traizoeiras. O percebe destes cantís goza dunha merecida fama mundial polo seu sabor e tamaño. A súa captura está severamente regulada, para non esquilmar un recurso que alimenta a moitas familias da comarca.
Arriba