SAN SALVADOR DE LÉREZ

Relixioso
2384
No Camiño de Santiago

Localización

36156  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 56.9" N - 8º 37' 54.9" W

Descrición

O mosteiro de San Salvador ou San Benito de Lérez foi fundado no século X polos monxes benedictinos. O templo actual é neoclásico con fachada barroca do século XVIII na que a vai a imaxe de San Benito nunha fornela. Pegada ao muro sur mantense unha á do claustro do século XVI. Nalgúns dos perpiaños deste muro vense signos lapidarios e inscricións románicas, da antiga construción. O máis interesante do interior é a capela de San Benito construída no ano 1700 na cal pode observarse unha fermosa imaxe do Salvador. É costume pasar de xeonllos por debaixo do altar do Santo. No s. XVI créase un Colexio de Humanidades e Filosofía no que destacaron o P. Feijóo e o P. Sarmiento.

Acceso

Dende Pontevedra atravesar a ponte do Burgo, pola N-550 dirección Santiago e percorrer 2 km ata tomar un desvío á dereita que sinaliza o mosteiro, tras 500 metros atopamos con el.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Estilos

Barroco
Renacentista
Románico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Benedictinos

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!