MUSEO DO POBO GALEGO

Museos e coleccións
512
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: San Domingos de Bonaval s/n

15703  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 57.8" N - 8º 32' 20.9" W

Descrición

Situado no convento de San Domingos de Bonaval, dos séculos XVII-XVIII, expón nas súas salas unha amplísima mostra de manifestacións da cultura popular galega: a pesca, a agricultura, a gandería, os oficios, as vivendas, os traxes populares, os instrumentos musicais ou a Prehistoria. Outro dos seus atractivos é a espectacular tripla escaleira helicoidal, alarde de audacia estrutural e obra de Domingo de Andrade que comunica o claustro coas diferentes plantas do edificio. Ademais do museo, pódese visitar a igrexa do convento que ocasionalmente se utiliza como marco singular para determinadas exposicións temporais. Nesta igrexa localízase o Panteón de Galegos Ilustres no que se atopan soterrados persoeiros tan destacados da cultura galega coma Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Castelao, Francisco Asorey e Ramón Cabanillas.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata

Máis información

Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba