MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Museos e coleccións
237
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Parque Vista Alegre s/n

15782  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 12.7" N - 8º 32' 44.7" W

Descrición

As instalacións do Museo de Historial Natural no parque de Vista Alegre poñen ao alcance do público xeral un conxunto patrimonial que se remonta ao século XIX con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente.

Os principais espazos das novas instalacións agrúpanse arredor dos conceptos de Biodiversidade e Biodiversidade Terrestre, na planta baixa, e dos apartados dedicados a Xeodiversidade e Solo e Biodiversidade Mariña na primeira planta. Así, dende un entorno multimedia, a exposición permanente do MHN é un singular percorrido polos ecosistemas de augas continentais e os bosques galegos ou pola xeodiversidade con  mostras de minerais, pedras preciosas e semipreciosas, rochas, fósiles e meteoritos. Tamén ten o seu propio espazo a biodiversidade mariña, as algas, os invertebrados, os peixes ou ecosistemas do litoral galego e outros máis lonxanos como a selva sudamericana ou a sabana africana.

Ademais, móstrase por vez primeira en España unha sala dedicada ao solo, cunha reprodución a escala dun fragmento de terreo cortado en sección de modo que se poden apreciar distintos elementos que inciden na súa conformación ou a súa relación coa fauna e a flora.

Cada un dos temas abordados móstrase ante o visitante cunha reprodución fiel que representa o ecosistema en cuestión e os seus protagonistas, con apoio das explicacións oportunas en distintos formatos, para que a visita sexa unha experiencia interactiva que require da actitude participativa de quen a visita. O grao de reprodución da vida real alcanzado aspira a reflectir o medio natural e trasladar ao visitante ao contexto real do que se lle expón.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba