OS ANCARES LUCENSES E MONTES DE NAVIA, CERVANTES E BECERREÁ

Espazos naturais
1050

Localización

Coordenadas:
42º 54' 17.8" N - 6º 59' 24.9" W

Descrición

Gran Cantábrica
Desde Os Ancares ata os Picos de Europa estenderase a Gran Reserva da Biosfera da Cordilleira Cantábrica, formada coa suma das diferentes unidades xa declaradas e as que se engadan no futuro. Os Ancares lugueses son o seu límite occidental, plurais como a súa diversidade; máxicos por natureza.
As poboacións humanas que se souberon afincar neste difícil territorio tamén o modelaron e conservaron o legado do seu patrimonio. Aínda se abren ao visitante as portas dalgunhas pallozas. Encerrado baixo o seu teito de palla que lles dá nome, estas peculiares vivendas permiten chegar a nós todo un xeito de vida ancestral.
A montaña agroma en tonalidades infinitas de verde en toda a ampla escala de altitudes. Sorprenden os Ancares non por grandes alturas, senón polos fortes desniveis. Desde o encaixamento dos vales afundidos por baixo dos 300 metros ata os picos de case os 2.000 en poucos quilómetros. Os ríos da vertente galega son Navia, Rao e Ser; os altos, entre outros, Mustallar e os Tres Bispos.

Acceso

Autovía A-6 e N-VI ata Becerreá. A estrada LU-722 comunica coa Proba en Navia de Suarna e posúe os principais desvíos cara á serra.

Situación

Leste da provincia de Lugo limítrofe con León. Inclúe os concellos de Cervantes, Navia de Suarna e parte do municipio de Becerreá.

Superficie

Ancares lucenses: 53.664.
Ancares leoneses: 56.786 hectáreas nos municipios de Candín, Peranzanes, Vega de Espinareda e Villafranca del Bierzo.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Información e equipamentos

Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES)
Teléfono: +34 982 227 812
Centro de Interpretación y Gestión de la Reserva Nacional de Caza dos Ancares (Campa da Braña)
Teléfono: +34 982 181 252
Natureza Espazos naturais Reserva da biosfera
Arriba