EIDO DO TRISQUEL

Apartamentos - Apartamentos 1 Chave
571

Localización

Parroquia: Vilanova (San Pedro)

Lugar: Vilanova

32360  A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 58.8" N - 6º 53' 42.9" W
+34 988 294 858
+34 689 536 601
+34 988 294 858

Descrición

Os apartamentos rurais Eido do Trisquel, están situados a 1.230 m sobre o nivel do mar, na aldea de Vilanova de Trevinca no concello de A Veiga, Ourense. A súa ubicación é privilexiada por estar na cabeceira de todas as rutas que conducen ou atravesan o macizo montañoso e maior altura de Galicia, Pena Trevinca de 2127 m. A zona está rodeada de bosques de carballos, pradeiras de brezo e arándos nas zonas altas.

Estos apartamentos están dentro dunha finca de 650 m2. A edificación se compón de dous corpos desfasados, cada un dos corpos alberga un apartamento rural de planta baixa e planta baixo cuberta.

O acceso aos dous apartamentos se realiza por un amplo porche exterior en madera. Cada apartamento ten unha capacidade para 6 prazas (incluíndo un sofá-cama de dúas prazas no salonciño superior), repartidas da seguinte maneira: na planta baixa se encontra ademais da cociña (totalmente equipada con todo tipo de menaxe) un salón comedor e zona de estufa de leña, ademais dun cuarto cunha cama de 135 cm e ao lado se encontra un amplo cuarto de baño. Na zona superior hai outro cuarto cunha cama de 105 cm e unha de 90 cm, ao lado un salonciño cun sofá-cama de 135 cm.

Na parte posterior dos apartamentos e dentro da zona axardinada de uso compartido, se encontra un amplo porche de madeira rústica moi apropiado para o descanso durante as horas de calor, e tamén, para comer ou cear ao exterior.

Tipos de servizos

Aparcadoiro
Auga quente
Calefacción
Equipo de música
Ferro de pasar
Frigorífico
Internet
Lavadora
Televisión
Terraza particular
Xardín
Arriba
Axúdanos a mellorar!