MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

Museos e coleccións
1376

Localización

Parroquia: Viladonga (Santiago)

27259  Castro de Rei - Lugo

Coordenadas:
43º 09' 38.4" N - 7º 23' 13.4" W

Descrición

A creación deste museo monográfico vese xustificada pola importancia do Castro de Viladonga, pola cantidade e calidade dos restos arqueolóxicos e pola necesidade de expoñelos no seu propio contexto. Situado ó pé da muralla dun asentamento castrexo e galaico-romano tardío, mostra numerosos obxectos da vida cotiá deste poboado de hai máis de vinte séculos. Os seus fondos proceden das escavacións arqueolóxicas realizadas no depósito arqueolóxico, de onde se sacaron á luz moitas pezas (ferramentas, xogos, apeiros de labranza, cerámica, obxectos de adorno, etc.). As maquetas son parte fundamental da didáctica do museo que o converten nunha visita ineludible que complementa o percorrido polo Castro de Viladonga.

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/viladonga

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Aparcamento
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!