IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE ANCORADOS

Relixioso
596
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Pedro de Ancorados (San Pedro)

Lugar: San Pedro

36686  A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 42' 54.0" N - 8º 24' 51.9" W

Descrición

Aínda que pouco sabemos das súas orixes, temos noticias desta igrexa como sé dunha comunidade de monxas franciscanas en época baixomedieval. Logo, no século XVI, pasou a depender do convento de Santa Clara ata a desamortización do XIX.

En planta destaca pola súa singularidade a ábsida pentagonal, dividida en tramos por semicolumnas e orixinalmente con cinco fiestras das que hoxe conservamos só tres.

A portada, tamén refeita en época moderna, mantén parte da estrutura románica e un fermoso e algo mutilado tímpano de cruces de entrelazos.

Acceso

Saíndo da Estrada en dirección a Silleda pola estrada N-640, a 6 km tomaremos un desvío á esquerda cara a Ancorados-Berres pola EP-7009. A uns 1000 m colleremos un desvío á dereita que nos levará directamente ao recurso.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!