SAN MIGUEL DE XAGOAZA

Relixioso
3613
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Xagoaza (San Miguel)

Lugar: Xagoaza

32317  O Barco de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 26' 05.0" N - 7º 00' 15.0" W

Descrición

Restaurado. O edificio conta no seu interior cun pequeno claustro, portificado no seu piso inferior e con galerías de madeira acritalar no superior. Está construído a base de pedra, madeira (portas e ventás); o tellado está cuberto de lousa. No seu interior acondicionáronse no piso superior unha serie de salas para desenvolver diversos actos culturais: exposicións, ciclos de conferencias, etc.

Acceso

Saímos de Rubiá en dirección a O Barco pola estrada OU-622, transcorridos uns 5 Km e antes de chegar a un túnel, collemos o desvío que nos deixa na N-120, tomamos dirección a A Rúa, pasado 1 Km (máis ou menos) tomamos a entrado para O Barco e ao chegar ao primeiro semáforo (á nosa esquerda podemos ver unha gasolineira) desviámonos á dereita en dirección a Vegamolinos, pasado esta vila collemos un desvío á esquerda que nos levará ao Mosteiro de Xagoaza (hai carteis indicadores).

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Románico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba
Axúdanos a mellorar!