IGREXA DE VALDÍN

Relixioso
1445

Localización

Parroquia: Valdín (Santa María)

Lugar: Valdín

32369  A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 22.0" N - 6º 58' 11.9" W

Descrición

Igrexa rural, data dos séculos XVI e XVII. Presenta a típica fachada do barroco galego ( con pináculos con bóla) e lateral porticado, con columnas con capiteis figurados; cada capitel presenta unha figura diferente, aínda que todas elas son rostros. No exterior, ten unha estreita escaleira de pedra que leva ao campanario (o campanario é unha simple espadana). A igrexa está rodeada exteriormente por un muro. O espazo comprendido entre a igrexa e o muro é o cemiterio. O máis destacado desta igrexa é o seu retablo herreriano e as súas pinturas manieristas, así como un teito con artesoado de madeira (a base de casetóns). O retablo (moi ben conservado) está dividido en tres corpos, en cada un dos cales hai unha figura polícroma. No retablo poden observarse columnas salomónicas. As Paredes interiores da igrexa están encaladas.
Para visitar a igrexa hai que pedir a chave aos veciños.

Acceso

Saíndo de Xares, collemos o cruzamento a man dereita e no primeiro desvío que atopamos, tamén a man dereita, tomámolo para ir ata Seoane (Pasando previamente polo Hotel Cervo). Dende Seoane seguimos recto ata Valdín, na parte máis alta da cal se atopa a igrexa.
Arriba